BENVIDA

Gallego | Español


A Asociación Amigos do Porco Celta Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro composta por un grupo de amigos, que na actualidade conta con 25 socios, que a través de realización de diferentes eventos trata de promocionar a raza do Porco Celta.

Esta é unha raza que ata os anos cincuenta era o típico dos establos en Galicia e que foi desaparecendo aos poucos ata os nosos días e hoxe atópase en vías de extinción. Son animais moi longos, pouco precoces (tardan moito tempo en medrar), con cabeza moi grande e con orellas moi longas ca lle chegan a tapar os ollos, moi altos e grandes andadores. A carne destes animais é de gran calidade para a elaboración de embutidos e xamóns e teñen gran cantidade de graxa.

O porco celta é un animal de sistema óseo e muscular moi desenvolvido, sobre todo o terzo anterior, con cabeza forte, longa e carnosa; membros alongádevos, dorso arqueado, anca derrubada, pel grosa poboada de sedas e cola longa. Son animais rústicos, áxiles, con boa aptitude para a marcha polo seu forte aparello locomotor que lle permite percorrer grandes distancias no pastoreo, como se facía antigamente con esta raza en Galicia.

A Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, nace no ano 2006 co fin de divulgar e difundir a raza autóctona do Porco Celta para evitar a súa extinción e contribuír a conservar o patrimonio xenético da nosa Comunidade, e desenvolver actividades encamiñadas a fomentar a participación cidadá.

Aínda que o noso ámbito de actuación é fundamentalmente autonómico, non descartamos a participación en calquera evento nacional ou internacional con tal de promocionar esta raza.

A Xunta Directiva está formada polo Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e seis Vocais.

A nosa actividade central do ano é A FESTA GASTRÓNOMICA - CULTURAL DO PORCO CELTA, que se celebra o segundo sábado do mes de agosto en Corcubión (A Coruña).


IV XORNADAS DO PORCO CELTA "COSTA DA MORTE"

O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).

Teremos dous ponentes:

Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.

Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.

Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.

Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.


Inicio | Biodiversidade | Galicia | Raza e dispersión | Explotación | Recuperación

Galería de fotografías | Galería de vídeos | Notas de prensa | Ligazóns | Contátenos


Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009


VisitasCSS validadoHTML 1.0 validadoW3C Double A Validado