O PORCO CELTA E A BIODIVERSIDADE

Gallego | Español


A biodiversidade ou diversidade biolóxica supón a variedade de seres vivos e as relacións que se producen entre eles e o seu medio. Un ecosistema ecoloxicamente san depende do grao da súa biodiversidade. Unha ampla variedade presupón unha maior viabilidade.

O mesmo sucede coa agrodiversidade. A maior variabilidade das especies domesticadas, supón unha mellor capacidade de adaptación aos requirimentos que demande o desenvolvemento das actividades produtivas.

A nivel mundial persisten unha gran variedade de xenotipos nas especies de gando, como resultado da selección natural e artificial lograda a través da reproducción en illamento e da crianza para propósitos específicos. No entanto, nos últimos anos, o número de razas está diminuíndo de forma alarmante. En corenta anos a agrobiodiversidade declinou rapidamente. É un feito evidente a variedade xenética das razas autóctonas e manter a súa diversidade.

O gando autóctono, máis rústico, demostra unha capacidade xenética superior para enfrontarse a condicións ambientais difíciles (calor, humidade, etc.), restriccións alimenticias (cuantitativas e cualitativas) e outros desafíos á supervivencia en zonas agrícolas ou montes onde os animais máis produtivos encontrarían unhas condicións de vida insalvables.


IV XORNADAS DO PORCO CELTA "COSTA DA MORTE"

O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).

Teremos dous ponentes:

Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.

Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.

Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.

Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.


Inicio | Biodiversidade | Galicia | Raza e dispersión | Explotación | Recuperación

Galería de fotografías | Galería de vídeos | Notas de prensa | Ligazóns | Contátenos


Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009


VisitasCSS validadoHTML 1.0 validadoW3C Double A Validado