Gallego | Español
O porco celta é unha raza autóctona adaptada ao medio galego. É unha raza porcina que está capacitada para a súa explotación en réxime semi ou extensivo, aproveitando os recursos que encontra ao seu paso, pero que agradece o complemento de landras, castañas, etc.
Este animal podería xogar un papel importantísimo para manter importantes agrosistemas, como os bosques e montes galegos, hoxe en día en abandono; controlar a matogueira e a acumulación de pastos, servir de control para determinados súidos silvestres coma o xabaril.
O silvopastoreo con este animal axuda a previr os incendios forestais sen necesidade de facer rozas mecánicas e a aproveitar o sotobosque.
O principal inconveniente da cría en extensivo é o dos valados perimetrais e o coidado para non danar as árbores e evitar que os animais deambulen sen límite.
Pese a todo, o porco celta é unha alternativa en réxime extensivo pola súa rusticidade, aproveitamento e rendemento nuns produtos cárnicos de primeira calidade.
Ver charlas con temas relacionados con axudas, tipos de explotacións, vantaxes e comparacións con outros tipos de explotacións:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Gerardo Rivero Cuesta 04/10/2008 |
Gerardo Rivero Cuesta 17/10/2009 |
José Antonio Carril González Barros 04/10/2008 |
José Antonio Carril González Barros 17/10/2009 |
María Tocón Almirante 17/10/2009 |
O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).
Teremos dous ponentes:
Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.
Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.
Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.
Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.