Gallego | Español
A estrutura agro-gandeira de Galicia sempre se baseou na unidade familiar, onde os máis capaces realizaban as tarefas agrícolas principais nas mellores terras e os nenos e anciáns realizábanas nas menos produtivas.
Deste modo o porco celta, ou, "porco do país", campaba, coidado por estes últimos, polos montes, solto polas fincas de menor productividade, transformando en proteínas e graxas cárnicas de primeira calidade os recursos de baixo rendemento que encontraba (brotes verdes, landras, castañas, invertebrados…).
O porco celta sempre gozou en Galicia dunha producción en réxime semiextensivo ou extensivo. Grazas á súa calidade xenética e á súa alimentación, os produtos derivados (chourizos, xamóns, lacóns…) foron un referente e un signo de calidade a nivel nacional. Coa imposición das razas de cría intensiva e a case desaparición do porco celta, esta fama foi desprazada polos porcos criados noutras zonas da Península, coma o ibérico.
Na actualidade, cunha maior demanda interna de produtos de calidade, o porco celta, grazas aos programas de recuperación e ao labor da asociación de criadores (ASOPORCEL), ten un futuro esperanzador, non só como materia prima, senón tamén como raza autóctona.
O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).
Teremos dous ponentes:
Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.
Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.
Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.
Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.