II XORNADAS DO PORCO CELTA "COSTA DA MORTE"

Ante a celebración dunha xornada técnica sobre a produción e rendibilidade do Porco Celta por parte da Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, comunícovos que agradecería a difusión da seguinte nota:

Este sábado, 17 de outubro, as 20.30 horas na casa de cultura de Corcubión, terá lugar unhas charlas técnicas sobre a produción e rendibilidade do porco celta. Intervirán técnicos da Consellería do Medio Rural (Gerardo Rivero Cuesta, xefe de servizo de produción gandeira), de ASOPORCEL e do entorno do porcino ibérico. Nelas analizaremos os seos sistemas de produción segundo a normativa vixente, a produción e rendibilidade do porco ibérico como modelo en extensivo de porco celta, e características técnicas e axudas ás explotacións.

Ao final teremos unha degustación GRATUÍTA de porco celta na sala anexa, polo que animamos a todos a participar, tamén como non a vos como xornalistas.

Agradecería que en caso de ser necesario ampliar a información os dirixades as persoas referenciadas abaixo.

Grazas por todo.

Un saúdo

Jose Luís Antelo (presidente da asociación): 981745028 ou 615948390

Fco Lema (secretario da asociación): 687592922