Gallego | Español
A raza do porco celta agrupa animais de tamaño grande dolicocéfalos e con perfil frontonasal de subcóncavo a recto; eumétricos e lonxilíneos, rústicos e harmónicos, cun esqueleto moi desenvolvido, sobre todo no seu terzo anterior.
Coa lonxitude das súas extremidades demostra a súa aptitude para a marcha, que é viva, grácil e da abaneo característico da raza.
A cabeza é grande, forte e alongada. O fociño é ancho e gordo. As orellas, grandes e caídas, cobren os pequenos ollos.
O pescozo é longo, estreito e forte.
O tórax é forte, profundo e pouco arqueado.
Presenta o dorso e o lombo estreitos, longos e arqueados. A liña dorsolumbar debuxa desde a cruz un arco que se fai máis prominente na unión dos lombos e cadrís.
A cruz posterior é caída, con formación muscular media.
O rabo, que se retorce de forma característica, ten unha borla de sedas no seu extremo.
O ventre recollido, con liña inferior plana, cun mínimo de 6/6 mamas formadas, espaciadas e de implantación ampla.
As extremidades ben formadas, longas e fortes. Cuartillas de lonxitude media. Os pezuños resistentes e duros, con ausencia total de pigmentación.

A cor da capa depende da variedade. Na santiaguesa posúe unha pel rosada con ausencia de pigmentacións. Na barcina posúe pequenas pigmentacións a modo de lunares circulares de cor cris-lousa. A variedade carballina caracterízase polas súas extensas pigmentacións negras e brillantes que en ocasións cobren todo o corpo.
Son estas tres variedades as que debuxan o mapa da súa dispersión. A variedade carballina é orixinaria da zona de Carballo e comarcas limítrofes da provincia da Coruña. As outras dúas variedades sitúanse ao sur das provincias de Lugo e A Coruña, e nas provincias de Pontevedra e Ourense.
Defectos obxectables: defectos no asentamento das extremidades ou que sexan curtas; fociño pouco formado.
Defectos descualificables: conformación defectuosa en grao acusado, hernias, anomalías nos xenitais, formación corporal non acorde coa idade ou pigmentación total ou parcial dos pezuños.
O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).
Teremos dous ponentes:
Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.
Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.
Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.
Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.