PROGRAMA DE RECUPERACIÓN

Gallego | Español


A Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa de recuperación da raza porcina celta no ano 1998.

Os primeiros traballos foron localizar exemplares da raza por todo o rural galego. Ao mesmo tempo, entidades e administracións, como a Deputación de Lugo e de Ourense, formaban rabaños con exemplares da raza.

En 1999 constitúese a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta - ASOPORCEL -, recoñecida oficialmente pola Xunta como colaboradora na recuperación da raza.

O programa de recuperación divídese unha actuación Ex situ (centros específicos de cría) e outra paralela In situ (en explotacións particulares).

Actuación Ex situ: cun centro de cría, en extensivo e cun programa de cruzamentos dirixido, evitando os graos altos de consanguinidade; e un centro de engorde, onde se recollen os excedentes do centro de cría.

Actuación In situ: lévase a cabo nas explotacións dos particulares co asesoramento de ASOPORCEL. Esta actuación vese reforzada no ano 2000 coa publicación da Orde do 27 de setembro, pola que se aproba a regulamentación específica do libro xenealóxico da Raza Porcina Celta.


IV XORNADAS DO PORCO CELTA "COSTA DA MORTE"

O Sábado 5 de novembro de 2011 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" fará unha xornada sobre o Porco Celta (que se complementasen cunha charla sobre Slow Food).

Teremos dous ponentes:

Un representante de ASOPORCEL, que falará sobre o Porco Celta e do Congreso Mundial do Xamón que se celebrou en Setembro na ciudade de Lugo.

Encarna Otero Cepeda, Representante de Slow Food Galicia, disertará sobre Slow Food.

Ao final das intervencións haberá unha degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa Morte na Capilla do Pilar.

Para calquera aclaración, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 981 745 028.


Inicio | Biodiversidade | Galicia | Raza e dispersión | Explotación | Recuperación

Galería de fotografías | Galería de vídeos | Notas de prensa | Ligazóns | Contátenos


Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009


VisitasCSS validadoHTML 1.0 validadoW3C Double A Validado